viernes, 26 de octubre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado mércores, día 24, celebramos no colexio o Día da Biblioteca. Días antes estivemos facendo debuxos para o concurso de marcapáxinas en conmemoración dese día. Da nosa clase foron seleccionados catro: o de Julio, Sabela, Alba e Joanna.
Ás doce e media subimos á Biblioteca. Alí estaban esperando Chispa e Roi. Informáronnos, entre outras cousas, da importancia que ten a LECTURA na nosa formación. A continuación vimos dous audiovisuais titulados "A castaña que rebentou de risa" e "A fantasma solitaria". Gustáronnos moito.
Xa rematado todo, unha sorpresa esperábanos na aula, Chispa deixounos de agasallo os marcapáxinas cos debuxos dos finalistas do concurso. ¡Que alegría! Grazas Chispa ! Esperámoste pronto coa maleta chea de libros.
Tedes máis información no blog da Biblio.



1 comentario:

  1. Que chulis lles quedaron os marcapáxinas! Non me extraña nada que posen así de fachendosos. Unha aperta.

    ResponderEliminar