domingo, 11 de noviembre de 2012

CELEBRANDO O OUTONO

¡Que ricas!
crúas, cocidas e tamén asadas. Pois temos a sorte de ter tamén uns fermosos castiñeiros no patio. Hai dúas semanas saímos a coller castañas, ourizos e follas. Despois de telas a secar varios días poidemos probalas.

A profe tróuxonos algunhas cocidas.
Durante varios días realizamos moitas actividades: lemos libros do outono, de bruxas, de monstros. Trouxemos froitos do outono para poñer na exposición. Debuxamos castañas e dentro escribimos refráns, adiviñas, poemas e colgámolas no gran castiñeiro colocado na entrada.  Fixemos buxainas de madeira e aprendemos a bailalas.
Estes últimos días baleiramos cabazas para celebrar, xunto co magosto, o Samaín. 
E chegou o día! O venres desfilamos coas caveiras acesas polo corredor cantando e danzamos no salón. A continuación comemos castañas asadas con leite e rematamos con xogos no patio: baile de buxainas, atrapacastañas, o pano, carreira de castañas nas culleres e tragacastañas. Pasámolo moi ben. 


1 comentario:

  1. Cantas cousas fixéchedes! Cada cal mellor! Seguro que o pasáchedes moi ben. Unha aperta ben forte dunha profe que non vos olvida.

    ResponderEliminar