jueves, 20 de septiembre de 2012

A ABELEIRA


Durante estes días en Coñecemento do Medio estudamos A ABELEIRA. Saímos fóra para ver este arbusto grande que temos no patio do colexio. Fixámonos no tamaño, nos troncos, nas follas e nos froitos. Recollemos follas para prensar e tamén abelás para comer. Por certo, están riquísimas!
Isto foi o que escribimos na libreta e tivemos que memorizar:
" A abeleira é un arbusto de folla caduca, redondeada,dobremente dentada. No envés ten uns peliños e nervios moi marcados. O seu froito é comestible, a abelá. Abunda en Galicia. Este arbusto pode medir ata aproximadamente dez metros. A súa madeira úsase para facer mangos de ferramentas e tamén cestería".
Por último observamos unha folla polo envés coa lupa binocular. Gustounos moito porque poidemos ver os peliños e os nervios moi grandes.
Aquí tedes estas fotos, esperamos que vos gusten:


2 comentarios:

  1. Paréceme unha actividade preciosa, e ademais demostrades estar empezando o curso con moito ánimo. Encántame ver as fotos. Pois si que medrastes este verán, non?
    Saúdos a todos e a todas e moitos ánimos para este novo curso.
    Bicooooooossss!!! Moitos bicossss!

    ResponderEliminar
  2. Opino igual que Chispa, que maiores están todos!!!!!!! Gustame a actividade, non hai nada como a experiencia directa para aprender mellor as cousas. Deséxovos un estupendo curso e seguireime pasando por aquí para ver como vos vai. Unha enorme aperta para todos.

    ResponderEliminar