domingo, 28 de octubre de 2012

COGOMELOS NO COLE

¡Que ben o pasamos o xoves!
Visitounos Pepe, membro da Asociación Micolóxica "Viriato". Levounos uns exemplares de cogomelos de diferentes tamaños, formas e cores. Uns comestibles, outros velenosos. Os comestibles poden ser doces, picantes, ricos e riquísimos.
Explicounos moitas cousas sobre eles e que non temos que terlles tanto medo. Pero como nos dicía: "se non coñecemos, non tocamos, nin comemos". Despois desta explicación tan interesante saímos ao patio a observar en directo algunha especie. Tiñamos que mirar ao chan para non pisalos porque había bastantes.




A continuación na aula fixémoslle uns debuxos de agasallo como recordo e con dedicatoria:
" Con moito agarimo para Pepe por ensinarnos tantas cousas sobre os cogomelos"
Grazas Pepe, esperámoste o vindeiro curso.

1 comentario:

  1. Menuda exposición de cogomelos! Seguriño que aprendíchedes moitas cousas sobre eles, non si? Un biquiño.

    ResponderEliminar