É venres, toca plástica. Parece que non vai tanto frío e asoma unha raiola de sol. A proposta da profe é que podemos saír ao patio do colexio e facer un debuxo daquilo que máis nos guste.
Estupendo! Collemos papel, lapis, goma e carpeta para apoiar. Debuxamos árbores, troncos, flores..., mais non foi doado porque era a primeira vez que saiamos fóra a facer esta actividade. Pero repetirémola para ir mellorando e porque tamén nos gustou.
Aquí nos vedes en plena acción:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Véndovos aí danme ganas de sumarme e poñerme a pintar un pouco. Ou se cadra podería poñerme de modelo. Quen me vería subida a unha árbore! Haaa, haaa!
ResponderEliminarBiquiños, chis-chis, plof-plof.