viernes, 5 de marzo de 2010

Electroxogo


Hoxe xogamos con este circuíto eléctrico formado por un cable de cobre, que serve de "camiño", outro en forma de arandela, un transformador e unha bombilla. Foi feito por un ex alumno do colexio.
Collemos a arandela, que debe ir percorrendo o camiño sen tocalo. Do contrario acéndese a luz.
Parecía moi fácil, pero acendíasenos a luz con frecuencia porque hai que ter moito pulso para non fallar. Con máis prácticas melloraremos.




1 comentario:

  1. A min gustoume moito xogar aeste electroxogo era moi divertido e tamen seguro porque non daba electricidade.


    PAULA 4 cuarto de primaria

    ResponderEliminar