viernes, 25 de febrero de 2011

E...ASÍ QUEDARON


Apurando porque se acerca o Entroido e espéranos moito choio, queremos ensinarvos como quedaron os traballos que fixemos por parellas nos teares.Foi unha actividade que nos gustou moito, aproveitabamos ata os recreos para tecer. Queremos volver a facer outra mantiña, pero máis grande e cada un a súa.
Esperamos que vos gusten.


6 comentarios:

  1. Pero que bonitiñas quedaron esas mantiñas. Eu creo que me vou pedir unha. Alédame moito que por fin volverades a entrar na Blogosfera que xa vos botaba de menos. Benvidos e unha aperta moi grande para todos e todas.
    Profe Ana

    ResponderEliminar
  2. Traballades un montón. Fixestes uns tapices preciosos. Podedes facerme unha manta xigante para cando paso a noite viaxando coa miña vasoira busca que te buscarás libros e música, e pelis..., e libros, e tamén música, e pelis, e libros, e máis libros... Brrrrr! Que fríoooo ¿Non vos dou pena? Está beeeeen: aprenderei eu soíña, e se teño dúbidas, xa sei a quen recurrir. As dúbidas si que mas resolveredes, non?
    Por certo, as máscaras que fixestes estes días tamén me gustan. Poderiades deixarme algunha para me disfrazar porque son súper mascarísimas... E eu... ¿Non vos dou pena? Esta beeeen: aprenderei a facelas eu soíña, e se teño dúbidas, xa sei a quen recurrir.
    Bicos e ata pronto amigas e amigos. Mmm, e un bico para a profe, que o merece, non si?

    ResponderEliminar
  3. Ola, somos Xana e Dani, non te preocupes,que imos facerche unha mantiña moi grande para que non pases frío, porque nos das pena.

    Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  4. Ola somos Jose e Rafa.Hai moito tempo que non te vemos.Grazas polo teu comentario.

    Moitos bicos .

    ResponderEliminar
  5. Querida Chispa:
    Somos Lucía e Mixel.Danos pena que pases frío.Se queres facémosche unha mantiña e unha carauta.Si,ela ensinounos a facer mantiñas e carautas.Queremos que veñas pronto con moitos libros.
    Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  6. Pois mañá penso pasar polo colexio. Hala! Chachi; a ver se nos vemos.
    Estará xa a mantiña feita????
    Hiii, hii, hi, hi!!
    Bicos, bicos, bicossss. Chis-chis, plof-plof!!

    ResponderEliminar