lunes, 14 de febrero de 2011

O FRÍO NON NOS ENFRÍA. COMEZAMOS


Xa co novo ano empezado, queremos tamén nós empezar a traballar este curso no noso Blog, que xa vai sendo hora! Un día por outro... pero aquí estamos para contarvos algunhas das cousas que estamos a facer.

En primeiro lugar unha foto de presentación do noso grupo de 4º de Primaria. De esquerda a dereita Dani, Lucía, Elisa, Marta, Jose, Michelle, Xana e Rafa.



Chegou o frío e continúa, por iso decidimos facer estes bonecos de neve con plastilina sobre cartolina e penduralos no corredor. Aquí tedes o resultado:



E agora, cos teares que estaban sen utilizar no armario dende había tempo, a profe decidíu poñelos en uso. E para empezar, que mellor cousa que facer unha pequena mantiña de cores.




Cando rematemos xa vos ensinaremos como quedaron.

1 comentario:

  1. Noraboa a todos e todas por partida dobre: unha, a estrea no blogue desde curso, e dúas, por esas mantiñas amorosas que fixestes!!! Apertas a todos os de 4º e á súa profe!!!

    ResponderEliminar