skip to main |
skip to sidebar
LEMOS, ILUSTRAMOS E ESCRIBIMOS
Hoxe dedicámoslle un tempo a Xoán Farias. Ao chegar entramos na Biblioteca e gardamos un minuto de silencio. Logo Rosana leunos un breve fragmento do libro "Desde o corazón da mazá". A continuación baixamos para a HORA DE LER. A nosa profe leu para os de 3º e para nós un capítulo do libro "Algúns nenos, tres cans e máis cousas" titulado 40 nenos e un can. Recomendámolo porque é moi bonito. Despois fixemos unha ilustración. Máis tarde subimos e lemos as frases que están no mural do corredor do 1º andar e xa entramos na aula de informática para facer comentarios no blog da Biblioteca.E por último para que as nosas familias tamén se enteraran de todo, levamos un boletín informativo.
Gústame moito todo o que fixestes para lembrar a un gran escritor como era Juan Farias. Un biquiño.
ResponderEliminar