BOSQUES:A NATUREZA AO SEU SERVIZO
Durante esta semana no noso colexio houbo unha exposición de libros na entrada da biblioteca e aproveitamos a HORA DE LER para informarnos sobre o tema. Miramos tamén en Internet e fixemos xogos moi divertidos. Pero o que máis nos gustou foi saír ao patio e coller pequenos acivros que corrían o risco de desaparecer. Estaban sobre todo debaixo dos castiñeiros e dunha abeleira. Os máis grandes levamos cada un o seu para plantar nunha maceta, no xardín ou no bosque máis cercano,e os máis pequeniños plantámolos nunha maceta grande que levaremos para fóra.
Visitamos tamén a maceira de Xoán Farias que plantamos en Outubro e sacamos unha foto.
Tivemos a "visita" no patio dunha DONICELA. Estaba ferida, pero Patricia levouna nunha caixiña á Sociedade Galega de Historia Natural para intentar salvarlle a vida. Tamén buscamos información en Internet e a profe explicounos varias cousas sobre este animaliño.
Da moito gusto ver como traballades un tema tan importante como é o Respeto e coidado polo Medio Ambiente ademais deberon de quedar "alucinados" cando veron a donicela no patio.Son moi fermosas. Biquiños para todos e todas.
ResponderEliminarGustume moitísimo a viaxe a Cabeza de Manzaneda.Este ano eu e, os meus campañeiros queremos volver porque o pasamos xenial.Era moi divertido.O problema era que algunhas nenas que eran da clase de Feli marearonse polo trallecto en autobús.
ResponderEliminar