O pasado mércores, día 24, celebramos no colexio o Día da Biblioteca. Días antes estivemos facendo debuxos para o concurso de marcapáxinas en conmemoración dese día. Da nosa clase foron seleccionados catro: o de Julio, Sabela, Alba e Joanna.
Ás doce e media subimos á Biblioteca. Alí estaban esperando Chispa e Roi. Informáronnos, entre outras cousas, da importancia que ten a LECTURA na nosa formación. A continuación vimos dous audiovisuais titulados "A castaña que rebentou de risa" e "A fantasma solitaria". Gustáronnos moito.
Xa rematado todo, unha sorpresa esperábanos na aula, Chispa deixounos de agasallo os marcapáxinas cos debuxos dos finalistas do concurso. ¡Que alegría! Grazas Chispa ! Esperámoste pronto coa maleta chea de libros.
Tedes máis información no blog da Biblio.
Que chulis lles quedaron os marcapáxinas! Non me extraña nada que posen así de fachendosos. Unha aperta.
ResponderEliminar