
O INVERNO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Hace 3 meses
Ola, somos un grupiño de nenas e nenos de 2º ciclo que nos imos atrever a introducirnos neste "caixón virtual" coa intención de facer máis interactiva e divertida a nosa actividade.
A última parte da nosa viaxe foi unha ruta no catamarán polo río Sil. O embarcadoiro, o de Doade, no Concello de Sober.
Hoxe dedicámoslle un tempo a Xoán Farias. Ao chegar entramos na Biblioteca e gardamos un minuto de silencio. Logo Rosana leunos un breve fragmento do libro "Desde o corazón da mazá". A continuación baixamos para a HORA DE LER. A nosa profe leu para os de 3º e para nós un capítulo do libro "Algúns nenos, tres cans e máis cousas" titulado 40 nenos e un can. Recomendámolo porque é moi bonito. Despois fixemos unha ilustración. Máis tarde subimos e lemos as frases que están no mural do corredor do 1º andar e xa entramos na aula de informática para facer comentarios no blog da Biblioteca.

BOSQUES:A NATUREZA AO SEU SERVIZO
Ola a todos e todas! Levabamos moito tempo sen dar novas, pero hoxeeeee. Hoxe temos que contarvos cousas. Acabamos de chegar da nosa excursión de Fin de curso. Estación de montaña de Cabeza de Manzaneda.
Estes días non paramos! Agora estamos con traballos do Entroido. Temos O Meco na entrada do colexio dando ordes todos os días: o luns traer un colar, o martes o colar e unha flor, o mércores o colar, unha flor e un cinto adornado, o xoves un colar, unha flor, un cinto adornado e un sombreiro e para o venres mandaranos vir disfrazados e disfrazadas con cousas feitas na casa.